O Roteiro do Rego Callou trátase dun percorrido duns 5,8 quilómetros aproximadamente, cun desnivel total aproximado dos 70 metros. Comeza na Área Recreativa de Miodelo, bordeando o Rego dá Xaralleira, até chegar á Fonte de Lourido, lugar onde podemos desfrutar dunha pequena plantacións de bambús xunto cunha fraga de ribeira na cal cabe a posibilidade de avistamentos dalgún anfibio como ras e píntegas. A súa funcionalidade é a de corredor ecolóxico e de grande importancia para conectar os montes de Longueira e de Babio coa Ría de Betanzos.

Atravesado un túnel de formigón até chegar á estrada CP-0801, continuamos 500 metros polo asfalto dos que só os primeiros 100 metros son por estrada xeral. Os restantes 400 metros son por un camiño pavimentado rodeados de prados e frondosas árbores, testemuñas dos pasos de todas as persoas que queiran desfrutar deste itinerario.

Chegamos a unha ponte de madeira que nos axudará a cruzar o Rego de Callou, ou tamén coñecido como Rego de Infesta, descubríndonos unha fraga de ribeira caracterizada por especies autóctonas como carballos, bidueiros, freixos ou faias, entre outras. Retrincos de bosque de ribeira, e fragmentos de bosque; é unha das maiores extensións de bosque continuo do municipio.

Despois duns 200 metros, bordearemos o Muíño dá Serra, datado no 1752, que é o único muíño conservado dos tres que existiron no século XVIII. 

Ao pouco tempo iremos cambiando a vexetación típica de ribeira, por piñeiros, cerdeiras, castiñeiros, loureiros ou bidueiros, onde frecuentan mamíferos como raposos, xenetas ou teixugos. Os amantes das aves, tamén poderán gozar do gaio, picapau verde, carrizo, ferreiriño, curuxa ou avelaiona.

Ao fin, chegaremos a un rodal de salgueiros que forman un túnel natural que nos acompañará ao final da ruta.