O mosteiro de San Salvador de Bergondo acolle o vindeiro 7 de outubro a II Romaría do Mosteiro. A cita é posible grazas a colaboración e o traballo desinteresado dos que forman parte da Unidade Pastoral de Bergondo, que nesta ocasión unen forzas para axudar a dúas ONG fundadas por bergondesas e que traballan en latitudes tan distantes como Ghana e Perú– Tantakui, xuntanza en idioma quechua.
“Trátase de facer un día unha xuntanza na parroquia, de que os veciños poidan coñecerse e pasar una tarde entretenida” explican as promotoras. O programa iniciarase á unha da tarde cunha misa campestre, á que seguira un xantar de confraternidade no claustro do cenobio.
Na sobremesa, xogos infantís de tres e media a cinco da tarde e ás catro un coloquio en torno á sustentabilidade con Miguel Franco, experto en permacultura, froiticultura e sustentabilidade.
De seis da tarde a oito do serán terá lugar o “Magazine”, con entrevistas e actuacións con: grupo de teatro Catro Gatos, o coro de Lubre, o Mago Brunetti e o Coro de Bergondo, con sorteo de agasallos e máis sorpresas. Ademais, haberá servizo de bar, elaboración de filloas e