Concello de Bergondo

En todos os municipios onde non existe un xulgado de Primeira Instancia se encontra un xulgado de Paz como órgano de representación da Administración de xustiza.

Á cabeza do xulgado de paz e representando á Administración de xustiza nese municipio, encóntrase o xuíz de paz que é un xuíz lego, non profesional, que leva a cabo funcións xurisdicionais en todo o municipio e que integran o Poder Xudicial durante o tempo que está a desempeñar este cargo.

Todo xuíz de paz ten, entre outras, as seguintes funcións:

  • En materia civil, tramitar, celebrar e ditar sentenzas en reclamación de cantidades inferiores a 90,15 euros así como a execución destas resolucións.
  • En materia de rexistro civil, celebrar vodas, inscribir nacementos e defuncións e tramitar os correspondentes expedientes de fe de vida.
  • En materia penal, tramitar, celebrar e ditar sentenzas en xuízos de faltas por feitos de pequena gravidade que acontecesen no termo municipal da súa xurisdición, como insultos, ameazas, vexacións, actos incívicos contra bens públicos…
  • En materia de auxilio xudicial, realizar de actos de comunicación requiridos por outros órganos xudiciais.
  • En materia de conciliación é competente para a realización dos actos de conciliación que se celebren no termo municipal da súa xurisdición.