Tamén chamada Praia do Penedo, hai referencias desta praia dende do século XVIII cando uns pescadores ubicaron este areal como idóneo para a pesca. A Praia do Regueiro caracterízase tanto pola súa reducida anchura coma a súa fermosura, na preamar o areal é practicamente nulo, mentres que na baixamar a extensión do areal é duns 8 metros aproximadamente. A Praia do Regueiro sitúase entre as praias de A Cabana e Gandarío, no lugar de Fiobre, pertencente a parroquia de San Vicente de Moruxo, Concello de Bergondo. Ten un baixo grao de ocupación e carece de instalacións e servizos.

Características:

  • Grao de ocupación baixo
  • 400 metros de lonxitude
  • Anchura variable en función da marea
  • Area, grava e croios
  • Augas tranquilas
  • Contorno semiurbano, con edificacións próximas dispersas, destacando o CPAP

Características medioambientales:

  • Forma parte da Reserva da Biosfera do Mandeo e Terra das Mariñas
  • LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)

Accesos:

  • Acceso para persoas con movilidade reducida
  • Acceso tanto a pé como en vehículo