En A Pasaxe do Pedrido, parroquia de San Vicente de Morixo, eríxese a Ponte do Pedrido para unir as dúas beiras da Ría de Betanzos. Na marxe pertencente ao Concello de Bergondo, esta construcción serve de división da Praia do Pedrido e a súa oferta de actividades. Así, a marxe esquerda destaca polo amplo areal que descobre a desembocadura do Río Mandeo e a marxe dereita dispón de espazos recreativos e amplos servizos turísticos.

A ter en conta, por cuestión de seguridade, as fortes correntes orixinadas pola preamar e a baixamar.

Características:

Características medioambientales:

  • Forma parte da Reserva da Biosfera do Mandeo e Terra das Mariñas
  • LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)

Accesos:

  • Parking
  • Acceso para persoas con movilidade reducida
  • Acceso tanto a pé como en vehículo

Coordenadas:

43º 19′ 40,0″ N – 8º 12′ 43.7″ W