Custodiada pola Punta Corbeiroa e Punta do Moruxo, a Praia de Gandarío sitúase no contorno semiurbano da parroquia de San Xoán de Ouces, ao noroesto do Concello de Bergondo. É un dos principais areais do concello, sendo unha das praias con maior ocupación, e pola súa proximidade ao núcleo urbano de Sada fai dela un referente en canto a oferta de ocio náutico da comarca da Coruña.

Pola proximidade do Albergue Xuvenil de Gandarío realízanse diferentes actividades deportivas de diversa índole no propio enclave, como: vela, piragüismo, remo,… E a oferta de campings e restauración nas súas inmediacións completan abanico de posibilidades desta praia.

 

Características:

Características medioambientales:

  • Forma parte da Reserva da Biosfera do Mandeo e Terra das Mariñas
  • LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)

Accesos:

  • Parking
  • Acceso para persoas con movilidade reducida
  • Transporte público dende A Coruña e Betanzos con Alsacalpita

Coordenadas:

43º 20′ 32,733″ N – 8º 14′ 15,783″ W