Funcións dos Corpos de Policía Local
As funcións que desempeñan os axentes de Policía Local do concello de Bergondo son, con carácter xeral as contids na Lei Orgánica 2/1986, de Forzas e Corpos de Seguridade, na Lei 7/1985, de Bases do Réxime Local, e na Lei Orgánica 1/1992, de Protección de Seguridade cidadá.
Sen embargo, a insuficiencia de medios materiais e humanos fan que teñan que priorizar entre as funcións que son da súa competencia. Neste concello as funcións máis frecuentemente desenvolvidas polo Corpo da Policía Local son as seguintes:
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico de acordo co establecido nas normas de circulación. Neste aspecto ten especial sgnificación a época do verán onde os accesos ás praias vense desbordados pola gran afluencia de persoas, o qeu fai imprescindible a presencia dos axentes da policíá local para dar fluidez ó tráfico.
- Vixiancia dos lugares públicos e mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexa requirido para elo. De novo temos que salientar a peculiaridade da tempada de verán onde as praias do noso concello se convirten en grandes aglomeracións de persoas que fan necesaria a presencia permanente de efectivos do noso Corpo de Policía Local. Tamén dentro deste punto inluiríamos a vixiancia e o control que prestan nos diferentes eventos que organiza ou co-organiza o concello: a feira INCOART, o Festival Folk de Guísamo, etc.
- Instrución de atestados por accidente de circulación dentro do casco urbano.
- Prestación de auxilio en caso de accidente.
- Seguridade en lugares públicos.
- Protección das autoridades das Corporacións Locais, vixiancia e custodia dos seus edificios e instalacións.
- E en xeral, calquera outra función en materia de seguridade pública que, de acordo coa lexislación vixente, lles sexa encomendada.
Obxectos perdidos
A Policía Local de Bergondo ofrece o servizo de custodia de obxectos perdidos.
Se precisas facer algunha consulta neste sentido, podes enviarnos un correo electrónico a través do formulario de figura nos datos de localización, especificando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Teléfono ou correo electrónico de contacto
- Obxecto extraviado
- Hora aproximada de extravío
- Lugar onde foi extraviado (se é posible)