Trátase dun cruceiro encastrado no muro de peche dunha casa situada na entrada do lugar de Pisón, na parroquia de Vixoi. É un cruceiro de granito colocado sobre unha plataforma cadrada de formigón. O pedestal, de forma cúbica, remata cun chafrán; o fuste, de sección cadrada con arestas rebaixadas, sostén un capitel troncopiramidal invertido con molduras. Sobre el atópase un corpo rectangular que conserva unha pintura de Cristo crucificado.
No fuste aparece unha inscrición moi difícil de ler: “EISD Miguel / García Cuesta / Arzobispo de Santiago…”. Segundo conta unha veciña, o texto continuaría dicindo que o arcebispo “concedió 50 días de indulgencias a todos los fieles devotos que recen un Padre Nuestro diante deste Santo Cristo…”.


