Conta a lenda do “Peito Bordel” ou tributo das 100 doncelas, como no intento de secuestro das fillas de Fernán Pérez de Acuña, señor do pazo de Armuño, para utilizar como tributo ó nobre moro Peito Bordel, os irmás destas doncelas botáronse contra o inimigo e derrotárono armados soamente con ramas de figueira, no lugar de Ouces.
Consérvase un romance de Herbella de Puga, do ano 1814, que fai referencia a este suceso:
«Presentados los Figueroas,
que heroicos recuperaron
de los moros las doncellas
del feudo de Mauregato.
Cuando al ver que las llevaban
cautivas, perros malvados,
para su Peito Burdelo,
valientes se abalanzaron
a unos ramos de higueras
con los cuales batallaron
vencido el enemigo,
quedaron dueños del campo,
restituidas las doncellas
a sus casas y palacios,
y cinco hojas de higuera
en su escudo colocaron.»
Situado na parroquia de San Xoán de Lubre, lugar de Armuño. Este antigo pazo construído na Idade Media, sufriu diversas reformas ao longo da súa historia, é salientable a reedificación da Idade Moderna (XVI-XVIII) con capela señorial independente. A construción está formada por varias edificacións arrimadas das que sobresae unha grande torre ameada. Modificado na súa totalidade, só se conserva a torre orixinal, aínda que restaurada; a esta apégaselle a vivenda actual, de arquitectura tradicional da zona. Cinguido dunha extensa muralla, o pazo ten coidados e xeométricos xardíns. A maior información histórica transmítena os escudos existentes na fachada, que foron deixando cada unha das liñaxes que habitaron o pazo como o marquesado de Figueroa, Bermúdez ou Boado. O pazo posúe calabozos antigos.
O seu uso actual é de carácter residencial particular, e a súa titularidade é privada.
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Código no Catálogo da Xunta: RI.000000818
Referencias bibliográficas:
Álvarez Gallego, G. (1963). Los Pazos. Vigo: Cuadernos de Arte Gallego.
Soraluce Blond, J.R. & Fernández Fernández, X. (1995). Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña.
Vaamonde Lores, C. (1910). La Casa de Armuño. A Coruña: Boletín da Real Academia Galega, Nº 38-39.
Enlaces web:
http://bergondo.es/turismo/historia/
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF
Coordenadas: