O Campo da Feira de Guísamo acollerá, este sábado 24 de agosto, a XXIII edición do Guísamo Folk.
Este ano o cartel confórmano Abril, Arredores, Tanxugueiras e Terbutalina.
Concertos a partir das 20:00H
Actividades e Obradoiros durante toda a tarde
Datos Xerais
Evento anual que se celebra no antigo campo da feira da parroquia bergondesa de Guísamo. Neste festival teñen cabida músicas tradicionais, folk, de raices, fusión, etc….
O campo da feira é un lugar inmellorable para pasar o día en familia. Xa a partir do mediodía comeza a chegar a xente para compartir unha xornada de confraternidade, misturando ocio, cultura e actividades lúdicas como xogos populares e infantís, obradoiros, espectáculos de maxia, etc.
O festival está organizado polo propio concello e conta coa colaboración de asociacións, Protección Civil, Cruz Vermella e o Consorcio As Mariñas. Moitas das edicións foron patrocinadas pola Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e GADIS.
Un pouco de historia
As orixes do Festival folk de Guísamo remóntanse a finais da década de 1970, cando un grupo de xóvenes, entre os que se contaba o exalcalde José Fernández Ramos, Pepín, organizaron un festival de música tradicional, para o fomento do folclore galego e en xeral a cultura da nosa terra.
Ata o ano 1986 pasaron por Bergondo artista galegos punteiros naquela época, como Milladoiro, Saraibas, Pablo Quintana, Suso Vaamonde e A Roda, entre outros.
É destacable o carácter gratuíto que desde sempre tivo este Festival. Ofrecer actuacións de calidade supoñía para o seu comité organizador un grande esforzo económico. Grazas ás achegas por parte do concello e outros organismos públicos e privados este evento mantívose en pe durante case unha década.
Precisamente a súa desafortunada desaparición foi debida principalmente a motivos económicos, xa que o orzamento total durante este período acadaba cifras bastante elevadas para o que entón se soía destinar a acontecementos culturais.
Dende o ano 2000 o Goberno municipal de Bergondo, motivado polaidea de recuperar esta memoria histórica, impulsou directamente a organización dun novo evento cultural de primeira orde que recollera a testemuña da anterior edición do Festival Folk.
No 2017 cumpríronse polo tanto 18 edicións continuadas, a pesar de que nos últimos anos a crise económica afectou tamén a este evento.
O Festival Folk de Guísamo en Bergondo é pois, un referente cultural a nivel comarcal e provincial.
Artistas que pasaron polo festival
Algúns dos mellores nomes da música folk mundial actuaron en Bergondo nestes últimos 20 anos. Aquí vai unha mostra: Luar na Lubre, Gwendal, Mercedes Peón, Lúnasa, Oskorri, Susana Seivane, Cristina Pato, Celtas Cortos, Berrogüetto, A Roda, Tejedor, Os Cempés, Macfeck, Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre, Nuevo Mester de Juglaría, Ávalon, Roi Casal, Radio Cos, Kepa Junkera & Sorginak, Asturiana Mining Company, Braht, Triquel, Balakandra, Alén do Mar, Birimbao, Aïsha, The Tannahill Weavers, Guadi Galego, Óscar Ibáñez & Tribo, MIlladoiro, etc.
- Sábado 26 de Agosto : A partires das 21:00 / Concertos no Campo da Feira