O edificio consta de dúas unidades coas súas correspondentes vivendas na parte superior, separadas entre si por un portal e unha escaleira de acceso ós pisos cun enreixado no portal.

O primeiro andar funciona como aula de psicomotricidade, espazo de lecer os días de choiva, aula de música e para a realización da atención individual dos alumnos/as.

Na planta baixa atópanse as dúas unidades da escola de educación infantil. Cada unha ten unha superficie aproximada de 38 metros cadrados sen contar os dous servizos hixiénicos.

No recinto da entrada atópase un cuarto onde se depositan os materiais de limpeza.

A escola dispón dun patio de recreo completamente pechado, con catro bambáns e un tobogán.

Titora : Saleta Mendoza Torres

A escola de Carrio (CRA) está situada no lugar de Carrio, capital do Concello de Bergondo.