Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cúbico. Ten un varal cadrado con chafráns e cun pedestal cuadrangular e liso. Non ten capitel e a súa cruz é rectangular. Polo anverso da cruz presenta unha imaxe esculpida en baixorrelevo de Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Na noite do día 12 do mes de nadal, un xove conductor choca contra o cruceiro debido o deslumbramento doutro que viña de fronte, esnaquizándoo en tres cachos. Pendente de restauración.
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia)
Referencias bibliográficas:
Martín Ruíz, L. (1999). “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña.