Na parroquia de San Vicenzo de Moruxo atopamos un cruceiro datado no século XX, nas inmediacións da igrexa que da nome a parroquia, concretamente no lugar do cemiterio. Un cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma nin pedestal. O varal cuadrangular con chafráns, está enriba dunha mesa-altar. Ten un capitel cuadrangular que sostén unha cruz cuadrangular. Polo anverso desta cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e o seu pano de pureza vai anoado á dereita. Esta imaxe está rota. O reverso da cruz carece de imaxe. Cruceiro feito todo de formigón.

Referencias bibliográficas:

Martín Ruíz, L. (1999). “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña.

Coordenadas:

43°19’50.7″N – 8°13’34.4″W