Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cúbico. Ten un varal cadrado con chafráns e cun pedestal cuadrangular e liso. Non ten capitel e a súa cruz é rectangular. Polo anverso da cruz presenta unha imaxe esculpida en baixorrelevo de Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.