O CPI Cruz do Sar é un Centro Público Integrado dependente da Xunta de Galicia, no que se imparten a totalidade dos cursos de primaria e secundaria. Localízase dentro do lugar que lle da o nome, a escasos 100 metros do Edificio Cultural A Senra. Consta dun Edificio Principal que acolle os servizos de Administración, Dirección, Aulas de Educación Secundaria, Cociña e Comedor Escolar; un Edificio B, onde se imparten as Aulas de Educación Primaria [De 1º a 4º Curso] e Biblioteca; Edificio C, composto polas Aulas de Educación Primaria [5º e 6º Curso] e Laboratorios de Ciencias, Plástica, Tecnoloxía e Idiomas; Patio Dianteiro, principalmente para a recepción do trasporte escolar; Patio Cuberto, con canastas e mesas de tenis de mesa; e Patio Traseiro, cun terreo polideportivo con porterías de fútbol sala.

 

Coordenadas:

43°19’12.1″N – 8°13’34.1″W