A denominación correcta para o caso de Bergondo é a de Axencia de Lectura. Esta denominación ven determinada polas súas características, segundo o Decreto 24/1995 de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos (DOG de 2 de febreiro). Deste modo as Axencias de Lectura municipais cumprindo coas mesmas funcións que as bibliotecas, as fan dentro dun espacio físico máis reducido e tamén cun horario de apertura menor.
Características
A biblioteca (Axencia de lectura), conta con 52 postos, ademais de conexión a internet e wifi, así como hemeroteca de xornais e revistas e outros servizos.
Fondo bibliográfico
O fondo bibliográfico consta de máis de 21.800 volumes que se van amplíando regularmente mediante adquisicións, doazóns, etc.
Dispón ademais de material complementario como diapositivas, dvd´s, cd´s, etc.
Os datos actualizados do fondo se poden atopar na web da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Fondo infantil e Bebeteca
O fondo para infantil e bebés, atopase no Multiusos da Senra
Servizos que presta a biblioteca
- Préstamo de libros electrónicos: Dende finais de 2014 a biblioteca municipal de Bergondo ofrece tamén o préstamo de libros electrónicos, a través da Plataforma GaliciaLe
- Actividades educativo-culturais: conta-contos, charlas de debuxantes, escritores, etc
- Información bibliográfica: Pregunta á bibliotecaria, pódete axudar a atopar o que precisas.
- Préstamo a domicilio (con excepción dos materias excluídos deste préstamo, só consultables en sala: dicionarios, enciclopedias, atlas, etc.)
- Lectura en sala: desfruta co teu libro favorito dunha tarde tranquila e relaxada.
- Hemeroteca: xornais e revistas ó teu alcance e de forma gratuíta.
- Fotocopiadora.
- Conexión wi-fi.
Como facerse socio/a?
Para facerse socio só cumpre entregar dúas fotos tipo carné e unha fotocopia do DNI
Para máis información, no sitio web do concello
- Luns : 16:00 a 20:00
- Martes : 16:00 a 20:00
- Mércors : 16:00 a 20:00
- Xoves : 16:00 a 20:00
- Venres : 16:00 a 20:00