O Albergue Xuvenil de Gandarío situado á beira da Praia de Gandarío,e con titularidade pertencente á Xunta de Galicia, goza dunha incrible localización en referencia aos núcleos urbanos máis próximos, a 5 minutos de Bergondo, a 5 minutos de Sada, a 12 minutos de Betanzos e a 20 minutos de A Coruña; ditas poboacións pertencen á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As súas instalacións abranguen un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado na ribeira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

O Albergue Xuvenil de Gandarío dispón de cómodas camas, cafetería, comedor ao aire libre, canchas de baloncesto, voleibol, fútbol e unha enorme extensión de céspede con vistas ao mar.

Capacidade:

– Pavillón de 21 prazas para usuarias/os do albergue. Cada habitación dispón de 3 camas individuais e baño.

– Pavillón de 8 prazas para persoas con mobilidade reducida: 8 camas e baño adaptado.

– Capacidade máxima de 300 prazas. Idóneo para grupos.

No se admiten mascotas (excepción cans guía).

Prohibido fumar e consumir bebidas alcohólicas.

Acceso a Internet.

Actividades do mar:

ACTIVIDADES
Náuticas: vela, TDV táboa (windsuf), canoa (caiac), paddle surf, wakeboard, donut; outras actividades: xogos deportivos, aula TIC mariña; excursión náutica (volta Ártabra) e saída.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

Campamentos tecnolóxicos:

NOTA: Para participar nestes campamentos non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA dos campamentos coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Creando o meu videoxogo:

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento ao desenvolvemento de videoxogos e á Intelixencia Artificial en imaxe 3D, usando o motor de videoxogos Unreal Engine. As persoas participantes poderán crear nesta contorna un videoxogo definindo a interface gráfica, as personaxes, a mecánica do xogo e facer uso da Intelixencia Artificial para obter comportamentos que se asemellen á realidade.

Dirección: Rúa Cornide Nº 20

Código Postal: 15167

Cidade / Localidade: Bergondo

Provincia: A Coruña

Teléfono: 881 88 02 18

Teléfono Secundario: 881 88 02 19

Email: albergue.gandario@xunta.es