De toda a oferta de praias do Concello de Bergondo, a Praia da Cabana é máis pequena e menos frecuentada de todas elas, atribuíndoselle un pequeno grado de carácter prístino debido a vexetación que rodea o areal. Situada entre as praias do Pedrido e O Regueiro, na preamar o areal é practicamente nulo, mentres que a baixamar deixa unha extensión de area arredor dos 20 metros. Ten un baixo grao de ocupación e carece de instalacións e servizos. 

 

Características:

Características medioambientales:

  • Forma parte da Reserva da Biosfera do Mandeo e Terra das Mariñas
  • LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)

Accesos:

  • Acceso axeitado a pé
  • Habilitada a chegada para vehículos

Coordenadas:

43º 19’ 52.3’’ N – 8º 13’ 01.5’’ W