Tamén chamada Praia do Penedo, hai referencias desta praia dende do século XVIII cando uns pescadores ubicaron este areal como idóneo para a pesca. A Praia do Regueiro caracterízase tanto pola súa reducida anchura coma a súa fermosura, na preamar o areal é practicamente nulo, mentres que na baixamar a extensión do areal é duns 8 metros aproximadamente. A Praia do Regueiro sitúase entre as praias de A Cabana e Gandarío, no lugar de Fiobre, pertencente a parroquia de San Vicente de Moruxo, Concello de Bergondo. Ten un baixo grao de ocupación e carece de instalacións e servizos.
Características:
- Grao de ocupación baixo
- 400 metros de lonxitude
- Anchura variable en función da marea [https://es.tideschart.com/Spain/Galicia/Provincia-da-Coruna/Bergondo/]
- Area, grava e croios
- Augas tranquilas
- Contorno semiurbano, con edificacións próximas dispersas, destacando o CPAP
Características medioambientales:
- Forma parte da Reserva da Biosfera do Mandeo e Terra das Mariñas
- LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)
Accesos:
- Acceso para persoas con movilidade reducida
- Acceso tanto a pé como en vehículo
Coordenadas:
43º 19′ 56,865″ N – 8º 13′ 20,409″ W