Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico rematado cunha roda moldurada. O varal é cadrado con bocel. O seu capitel é cadrangular con astrágalo cadrangular e liso, ábaco de lados rectos e ademais ten follas de acanto e uns tetramorfos. A súa cruz é rectangular cos brazos achafranados e rematados de forma potenzada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiño e nimbo crucífero. O seu pano de pureza vai con dobre nó. Polo reverso da cruz fica a Virxe con nimbo en actitude de orar e cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña con frores. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)