Marcando os límites dos Concellos de Bergondo e Paderne, a Ponte do Pedrido pertence simultáneamente ás parroquias de San Pantaleón das Viñas e San Vicenzo de Moruxo, e aos lugares de A Ínsua e A Pasaxe do Pedrido; singularidades acaecidas mentres se cruza a Ría de Betanzos. Construida entre os anos 1939 e 1942, e obra dos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villalba Granda e foi inaugurada o 16 de Abril de 1943. Está feita na súa totalidade de formigón armado e pódese dividir en tres treitos. O primeiro de 340 metros vai apoiado sobre 10 arcos, o segundo cómponse dun gran arco central que soporta un taboleiro de 78 metros e o terceiro tramo vai sobre tres arcos dobres que levan un taboleiro de 102 metros. Trala súa restauración, a Ponte do Pedrido continúa a dar servizo á estrada AC-164 e segue a ser unha das edificacións civís máis emblemáticas de Galicia.

Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Ponte_do_Pedrido.jpg

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca004.PDF (pax. 6 do pdf)

El pasaje del Pedrido

Coordenadas:
43°19’40.3″N – 8°12’34.0″W