Situada no xardín do pazo do Casal (Bergondo), esta sequoia acada os 30,50 m de altura, cun perímetro normal de 9,60 m e unha copa de 23,80 m. A súa idade estímase en 150 anos. O exemplar foi afectado por un lóstrego, deixando unha cicatriz basal, pero atópase en bo estado de conservación. É a única sequoia desta especie incluída no Catálogo galego de árbores senlleiras.


