Concello de Bergondo

Agrupación Local de Protección Civil de Bergondo

Agrupación Local de Protección Civil de Bergondo data de finais do ano 1995. O seu regulamento definitivo aprobouse no 2001. Dende entón moitas persoas voluntarias teñen realizado infinidade de servizos e actuacións dentro e fora do noso municipio.
Actualmente a Agrupación a compoñen 20 voluntarios. Grazas ó seu esforzo, e dos anteriores que pasaron por este servizo, este colectivo gozou sempre da confianza e apoio de tódolos veciños de Bergondo.
A formación constante grazas á disposición de medios para levala a cabo, é fundamental para continuar avanzando e seguir prestando apoio alí onde sexa necesario.

 

 

Protección Civil, que é?

Protección civil é un servizo público en cuxa organización, funcionamento e execución participan as diferentes Administracións Públicas, así como outros actores que están involucrados na xestión do risco, entre os os que adquiren un singular protagonismo os propios cidadáns.
As Comunidades Autónomas, dentro do seu marco de competencias, teñen atribuídas a dirección e coordinación das emerxencias producidas nos seus ámbitos territoriais, agás naquelas emerxencias que sexan declaradas de interese nacional.

A súa función é a de protección das persoas e bens, en situacións de risco colectivo ou catástrofe. E para logralo, Protección Civil leva a cabo tarefas de previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación, en colaboración coas diferentes administracións.

 

 

 

  • Todos os días da semana : 24h